Thursday 28 de March de 2024

O Concello da Coruña recorre en casación a sentenza sobre a modificación de tarifas do bus urbano


O Goberno municipal agarda que se adopte polos tribunais unha decisión que non afecte aos recursos municipais

O Concello da Coruña presentou está mañá un recurso de casación contra a sentenza do 1 de outubro de 2021 ditada en recurso de apelación, pola que se estimaba o recurso interposto pola Compañía de Tranvías contra a modificación do réxime económico da concesión no primeiro semestre do 2019.

O Goberno municipal recorre dita sentenza para defender os intereses municipais, e agarda que os tribunais estimen os termos do recurso presentado e resolvan dun xeito non lesivo para a facenda pública municipal.

O Goberno municipal seguirá a falar coa compañía adxudicataria do transporte urbano na Coruña co fin de chegar a acordos que posibiliten a mellora do servizo público que presta na cidade.